Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O albergue de Hospital acolle a exposición “Até o Fin”

expo ate o fin Dumbria (2)
O albergue de Hospital acolle a exposición “Até o Fin”
Os concelleiros Raúl González e María Agulleiro procederon á apertura de portas da exposición "Até o Fin", unha exposición realizada pola Asociación de Concellos do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía coa colaboración da Deputación da Coruña.

Nela, os visitantes poderán percorrer parte da historia deste Camiño, que constitúa a Prolongación do Camiño de Santiago ata o “Finisterre” galego, a senda que, dende antigo, percorren os peregrinos seguindo o camiño das estrelas na procura das terras que albergan o último solpor do continente europeo.

A exposición poderá visitarse no Punto de Información ao Peregrino do Hospital (Dumbría) do 13 ao 17 de marzo, polas mañás.

Comentarios