Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Alto do Ézaro, “olimpo ciclista de Galicia”, porá o peche á segunda etapa da Volta O Gran Camiño

Volta ao Camino en Ames
O Alto do Ézaro, “olimpo ciclista de Galicia”, porá o peche á segunda etapa da Volta O Gran Camiño

Presentou esta mañá a Deputación o que poderá ser, con permiso do Gran Fondo, “o maior evento ciclista do próximo ano en Galicia. ‘O Gran Camiño’ é a recuperación da Volta a Galicia, organizada neste caso pola empresa de Ezequiel Mosquera co apoio de todas as administracións, que percorrerá Galicia do 24 ao 27 de febreiro de 2022.

O evento, que contará con equipos como o Movistar ou o Israel de Froome entre os 20 equipos participantes, partirá na súa primeira etapa de Pontevedra para rematar en Vigo. A segunda será a nosa etapa, con saída en Ames, onde se celebrou a presentación, para rematar no miradoiro do Ézaro (Dumbría), un auténtico desafío para os deportistas nunha contorna que xa se define como o olimpo do ciclismo en terras galegas. Rematará, como non, en Santiago.

O deputado de Vías e Obras e alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, destacou que “a través do deporte, en concreto do ciclismo, puxemos no mapa o miradoiro e a fervenza do Ézaro. Como dato: no 2012 visitaron esa zona unhas 5.000 persoas, neste último ano foron 300.000”, argumentou explicando a importancia deste tipo de eventos para atraer turismo aos municipios, co conseguinte impulso da actividade económica.

Un dos fitos importantes é que a proba será retransmitida por Eurosport.

Dende o mundo do ciclismo esperan que sirve de acicate para volver ter un equipo profesional galego!

Comentarios