Mércores. 22.05.2024
El tiempo

As casas da Costa quedaron baleiras na fin de semana

As casas da Costa quedaron baleiras na fin de semana
Agardabamos que a pasada fin de semana fose moi movida en canto a festas se refería. E así foi. Zas coa Carballeira, O Ézaro coa Festa da Praia, Fisterra co Longueirón, Vimianzo coa Panorama ou Corcubión co Porco Celta, enchéronse ata a bandeira. En O Ézaro Comezando pola Festa da Praia de O Ézaro, o tempo non acompañou, o que provocou que algunhas das actuacións previstas se cancelaran. De feito, varias sesións de dj’s foron aprazadas e na primeira noite, as orquestras non puideron facer o seu espectáculo por mor da chuvia. De todos os xeitos, o grupo Ciclón, que non tivo ocasión de traballar, voltará a O Ézaro o día 13 de setembro. Dende a organización califican os resultados de satisfactorios, xa que aínda que o tempo non acompañou, si que houbo unha afluencia masiva de xente ao longo da fin de semana, tanto polo día como pola noite. En Zas Máis de seis mil persoas desfrutaron da Carballeira de Zas na festa que se celebrou o pasado sábado. Foi unha noite máxica amenizada por grupos folk de Galicia e do estranxeiro. En Fisterra Bos rexistros tamén na Festa do Longueirón de Fisterra. Centenares de persoas achegáronse ata a vila do Cristo para degustar os máis de 1000 quilos de longueirón que se poñían á venda. Á prancha, en empanada, en tortilla, ou en paella, a peza púidose degustar de diversos xeitos. En Camelle e Vimianzo Unha de cal e outra de area nas localidades onde esta fin de semana tiña citas a orquestra Panorama. I é que o venres deberían traballar en Camelle pero a meteoroloxía provocou a suspensión da actuación. Era a versión da orquestra, pero na comisión de festas non pensaban o mesmo, xa que dixeron que a meteoroloxía era axeitada para a cita. A suspensión da actuación da orquestra Panorama xerou moitas críticas en Camelle, e aseguraron que o tempo non era desfavorable. De todos os xeitos, a festa continuou coa actuación do grupo Chicas Show. En Vimianzo si que actuaron Lito e os seus, xa na xornada do sábado. A Praza do Concello estaba ateigada de xente, e apenas podíase dar un paso. O público chegaba ata a AC-552.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected])
  • Fotografías cedidas (o nome do autor figura na lenda).

Comentarios