Propoñen darlle uso á antiga escola unitaria situada no recinto do CEIP Santa Eulalia
A unha proposta do BNG de Dumbría no último pleno municipal, celebrado o pasado 7 de novembro, o Concello vai intentar uso á antiga escola unitaria que está situada no complexo do CEIP Plurilingüe Santa Eulalia. Para elo, tralo rogo do BNG o pleno instará á Xunta a que habilite as instalacións, buscando a fórmula legal axeitada para levalo a cabo.
Os nacionalistas sinalaron que o edificio podería acoller un local para a ANPAdo centro escolar de Dumbría, e incluso para outras actividades escolares ou veciñais. O voceiro do BNG dumbriés, Xaime Trillo, indicou que o edificio leva anos abandonado, e nós cremos que xa é hora de que se poida volver a ter actividade”.
Ademais, durante o pleno aprobouse cos votos a favor do PSOE e BNG unha moción para que a corporación esixa á Xunta o remate da autovía AG-55, co tramo entre Salto e Berdoias, e a conexión da mesma ao porto de Brens.