Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O BNG de Dumbría recupera a actividade con Xaime Trillo como novo responsable local

xaime trillo portavoz do BNG de Dumbria
O BNG de Dumbría recupera a actividade con Xaime Trillo como novo responsable local

Volve ter o BNG representación no Concello de Dumbría. Dende o ano 1999 non ten representación no pleno municipal, e a última vez que se presentaron aos comicios locais foi en 2011 con Inés Pérez como cabeza de lista. As vindeiras eleccións municipais de volverán ter papeleta do BNG, unha vez que Xaime Trillo toma o mando como responsable local.

Xaime Trillo, natural de Bustelo, operario forestal, poeta e activista, é tamén delegado pola C.I.G. no comité provincial da empresa pública SEAGA.

“Somos unha equipa de xente do traballo e da cultura que quere tomar parte, porque estamos convencidas de que a acción política é imprescindíbel para mellorar o mundo.
Queremos pór en marcha aquí en Dumbría políticas activas que fomenten a sostenibilidade, defendan a educación e a sanidade públicas e poñan freo ao esboroamento do rural.
Traballaremos con empeño desde o posto que as veciñas e os veciños nos asignen, por un concello mellor nun rural vivo, onde a cultura sexa tamén protagonista”, comenta Trillo.

Novas relacionadas

Comentarios