Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Boa acollida das rutas turísticas que organiza o Obradoiro de Emprego

Rutas guiadas polo Obradoiro de Emprego
Imaxe da ruta realizada no Ézaro
Boa acollida das rutas turísticas que organiza o Obradoiro de Emprego

De ningún xeito se aprende mellor un oficio que traballando. E neso se atopa o alumnado-traballador do obradoiro dual de Emprego “Camiño do Solpor IV” que abarca os concellos de Dumbría, Cee e Corcubión. Os da rama de Promoción turística local e Información ao visitante realizaron o pasado 7 de xullo a ruta “Luces de saín”, que percorre as marabillas do Ézaro, no marco do programa Xullo pola Costa.

Cunha duración de 1 hora e 30 minutos saíu do Paseo Marítimo, as informadoras en prácticas estiveron acompañadas de numerosos visitantes, que coñeceron ó Ézaro de antano descoñecido para a maioría deles, pero grazas ao cal se foi forxando o de hoxe en día.

Inscrición e reservas

A última cita partirá do Golfiño do Paseo Marítimo ás 11.00 da mañá o vindeiro 14 de xullo.
As visitas guiadas terán un aforo limitado por orde de inscrición, polo que será necesario anotarse previamente de luns a venres de 9-14h no teléfono 676 657 565.

Novas relacionadas

Comentarios