Venres. 19.04.2024
El tiempo

“Xullo pola Costa”, o programa de Visitas Guiadas do Obradoiro de Emprego para Lires, Corcubión e O Ézaro

Visitas Guiadas xullo pola Costa da Morte
“Xullo pola Costa”, o programa de Visitas Guiadas do Obradoiro de Emprego para Lires, Corcubión e O Ézaro

Os alum@s-traballador@s do Obradoiro de emprego “Camiño do Solpor IV” está na súa recta final. E nada mellor que aprender exercendo, de aí que as prácticas sexan precisamente saídas nos que farán de guías. Todo no marco dun programa elaborado integramente polo alumnado-traballador, dende o deseño até o contacto cos visitantes.

As saídas terán lugar todos os martes e xoves o vindeiro mes de xullo, o obxectivo é a posta en valor dos diferentes atractivos das vilas, así coma que a poboación local e visitantes os coñezan.

Programa de Visitas

  • Lires: Os camiños das mulleres infinitas, os días 5 e 12 de xullo. No percorrido os visitantes poderán mergullarse nos traballos e saberes das mulleres da parroquia de Lires gozando ao mesmo tempo do mar, das praias e da maxia do lugar. Trátase dun roteiro circular, de 7km cunha duración aproximada de 3h e 30 min, que partirá as 9h 30 min da mañá dende a igrexa de Santo Estevo.
  •  
  • ”Cee: Pegadas da nosa historia”, os días 14 e 21 de xullo. Unha ruta urbana que se desenvolverá dende o paseo marítimo ao casco histórico. A visita pretende a través dos diversos elementos patrimoniais e persoeiros destacados dar a coñecer o pasado da vila. O punto de encontro será nas casetas do paseo marítimo ás 11h00 da mañá e contará cunha duración aproximada de 1h e 45 min.
  • ”Corcubión, Mar, Carbón e Sal, ás 11h00, os días 5 e 12 de xullo. Unha viaxe ao pasado industrial e mariñeiro da vila de SAn Marcos na que se pon en valor a importancia que tivo o mar nesta vila, seguindo os restos e tesouros que chegaron ata os nosos días. Duración aproximada de 1h e 30 min, partirá da Oficina de Información Turística de Corcubión.
  • ”Un paseo pola historia de Corcubión”, os 7 e 19 de xullo. Viaxe polo casco histórico desta vila mariñeira e terá como fio condutor a historia, o patrimonio e a tradición oral. Terá unha duración de 2h e partirá da Oficina de Turismo de Corcubión ás 11h00.
  • O Ézaro: “Luces de saín: as mulleres do Ézaro a través dos ollos de Ruth Matilda Anderson”, os días 7 e 14 de xullo. A ruta pretende visibilizar unha historia, a das mulleres do Ézaro que permaneceu oculta durante séculos e que en parte foi e segue a ser descoñecida. Cunha duración de 1h e 30 min partirá ás 11h00 da escultura do Golfiño do paseo marítimo do Ézaro.

Inscrición e reservas

As visitas guiadas terán un aforo limitado por orde de inscrición, polo que será necesario anotarse previamente de luns a venres de 9-14h no teléfono 676 657 565.

Comentarios