Cando a cultura e o deporte se convirten en motor económico

11:29 14/05/16


Compartindo coa cultura
O campamento de verán do Conco é a actividade con maior éxito do verán cultural dumbriés. Os pequenos serán recollidos nas súas casas, e pasarán as mañás no Conco dando clases de natación, de manualidades, actividades en inglés, obradoiros de todo tipo… Pero tamén haberá actividades para completar a visita dos turistas durante o verán, como as citas co Cine na Rúa, que se desenvolverán no Ézaro os 16 e 20 de xullo. Unhas actividades que xa comezan esta semana coas citas cas Letras Galegas, e que continuarán coa Festa da praia (que mestura deporte, cultura e troula os 6 e 7 de agosto), e a XVI Festa da Familia da Carballeira de Berdeogas (31 de xullo).Marea de deportes
Para decatarnos do nivel do que falamos, na presentación oficial do programa apenas se nomeou un segundo o Campus do Celta que terá lugar no Conco do 11 ao 15 de xullo. Era o de menos, teremos campionatos nacionais e internacionais de diferentes disciplinas. O Volei, a Pesca, o Piragüismo e o Ciclismo serán protagonistas. Iremos repasando deporte a deporte, pero hoxe xa daremos un repaso trala presentación na que estiveron os Presidentes da Federación Galega de Volei e de Pesca.O Volei galego ten casa en Dumbría
Falou José A. Luna en clave de agradecemento e admiración sobre o Concello de Dumbría. E soltou unha perla: “Estamos traballando para traer un Campionato de España de Volei Pista á Costa da Morte. E iso son palabras maiores. 32 equipos, 5000 pernoctacións, e 6 pavillóns en xogo”. Polo de pronto, este verán teremos que contentarnos con 4 fins de semana consecutivos de volei praia de primeiro nivel. O 23-24 de xullo instalarase a carpa no Ézaro para o Campionato Galego de Volei Praia de categorías inferiores, un evento con 500 rapaces e familiares. A última fin de semana xullo toca o Campionato de España de Volei Praia Codete, onde os nosos buscarán repetir o título do ano pasado. O 6-7 de agosto, Festa da Praia co volei praia local, e o 13-14 de agosto o Campionato Galego abosluto. Nivelazo. Ademais, falou dun pioneiro proxecto formativo, que repasaremos ao longo da semana.Campionato do Mundo de Pesca
Aí é nada. un Camionato do Mundo de Pesca terán en Dumbría unha das súas localizacións, xunto a Santa Comba e Coristanco. 5 representantes de 15 países virán á zona, deportistas de alto nivel económico, os que nos visitarán. O presidente da Federación de Pesca, José Manuel Rey, recoñeceu que a Lei de Pesca (1992) non nos axuda. “Non hai que ir ata EEUU para ver zonas que viven da pesca, pero en Galicia non o conseguimos. E non podemos dicir que sexa un deporte minoritario, porque en Galicia hai 4000 fichas federadas para competición, pero 200.000 fichas administrativas”, que dan conta do nivel de practicantes que temos no país. “Galicia é un país de pesca”. Así, do 8 ao 13 de agosto os ríos Xallas e Anllóns estarán cheos de deporte co Campionato do mundo de Pesca a Mosca Xuventude 2016. E por se fose pouco, tamén teremos un Campionato de España. As actividades náutico-turísticas complétanse co Campionato Galego de Piragüismo no Ézaro (4 de agosto), un lugar inigualable para a práctica deste deporte que supón a envexa para todo o estado. Ademais, as rutas en kaiak pola zona e as subidas guiadas ao Monte Pindo completan unha oferta ideal para empaparse de natureza.Co Ciclismo comezou todo
Foi Ezequiel Mosquera o que explicou os avances das dúas citas que puxeron o Ézaro no mapa mundial. Co ciclismo comezou todo e agora xa vai rodado. A polos 1500 participantes vai este curso o Gran Fondo Ézaro, que xa se chama Gran Fondo Ézaro-Costa da Morte, en clave de comarcalización. De La Vuelta falou tamén, destacando que Perico Delgado estivo esta semana subindo o Formigón do Ézaro. Repasaremos esta semana as actividades ciclistas para este verán e as impresións de Mosquera.
Novas relacionadas
- 2016: O Ézaro xa espera o pelotón de La Vuelta 2016.
- O Gran Fondo Ézaro presenta a súa candidatura a referente ciclista internacional.
- Un Campionato do mundo nos ríos Xallas e Anllóns.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).