Venres. 18.06.2021
El tiempo

Carnota e Dumbría renovarán todo o seu alumeado para aforrar o 70%

Visita do delegado do Goberno a Carnota e Dumbria
Carnota e Dumbría renovarán todo o seu alumeado para aforrar o 70%

Este mércores recibían os alcaldes de Carnota e Dumbría a visita do Delegado do Goberno, José Miñones, e a subdelegada Pilar López-Rioboo, para repasar os proxectos de eficiencia lumínica financiados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica. Dous proxectos que suman un investimento de 2,4 millóns de euros e que servirán para minimizar o impacto lumínimo no litoral, e aforrar tanto enerxética como economicamente.

Os dous concellos aforrarán arredor dos 87.000€ en gastos de iluminación ao ano para empregar noutros asuntos, gracias a un aforro de entre o 64 e o 80% sobre o que se está gastando a día de hoxe.

Como son os proxectos

En Carnota substituiranse os 2.336 puntos de luz existentes por luminarias tipo led, e renovarán os 51 cadros de mando. O investimento é de 1,46 millóns, dos que 293.000 terán que ser aportados polo Concello, que tamén se encargarán da licitación.

Igualmente, o Concello de Dumbría terá que asumir 182.000 dos 909.000€ do proxecto de renovación das 1793 luminarias. Unha das zonas, a do Ézaro, xa está rematada con máis de 860 luminarias substituídas, permitindo un aforro do 60%.

Novas relacionadas

comentarios