mércores. 30.04.2025
El tiempo

As cinco bibliotecas do Concello de Dumbría énchense de actividades polo mes dos libros

abril de libros. Semana Santa corresponsables copia
abril de libros. Semana Santa corresponsables copia
As cinco bibliotecas do Concello de Dumbría énchense de actividades polo mes dos libros

Para conmemorar o mes do Libro e o día mundial do libro e o dereito de autor, as 5 bibliotecas de Dumbría programan diversas actividades de fomento da lectura e de promoción do uso das bibliotecas, axudando tamén á conciliación.

En Semana Santa

Arrancamos o Abril de Libros na Semana Santa organizando distintos obradoiros de animación á lectura:

  • Fai un marcapáxinas
  • Bibliotecarias/os por un día. Aprende a moverte na túa biblio
  • Escribe e deseña o teu propio conto
  • Xogos de destreza mental
  • Xogamos coas palabras!

Nesa mesma semana, as cinco bibliotecas acollen tamén obradoiros de manualidades con madeira, coa temática da Pascua. (Plan Corresponsables. Igualdade da Xunta)

abril de libros. ler conta moito 2025 copia

Continarán co Abril de Libros abríndolle as portas ás actividades programadas a través do programa Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia:

  • Luns 21 abril, 18:00 h. Bestiario animal. Pedras de papel (obradoiro de manualidades de papel). Biblioteca do Ézaro.
  • Martes 22 abril, 18:00 h. Obradoiro de títeres con calcetín. Galitoon (obradoiro de títeres). Biblioteca de Berdeogas.
  • Xoves 24 abril, 18:00 h. O mundo de cores de Roque e lía. Paula Suárez. (contacontos e obradoiro). Biblioteca de Buxantes.
  • Venres 25 abril, 18:00 h. As Josefas. Tatá Teatro. (unha mestura de lendas e música tradicional). Biblioteca de Dumbría – O Conco
  • Luns 28 abril, 18:00 h. Ciencia máxica. Especialistas Hípica Celta (un espectáculo - obradoiro no que descubriremos a maxia da ciencia) . Biblioteca de Olveira.

Bolboreta no Conco

Mes do Libro Dumbria 2025

O mércores 23, ás 11:30 h visitará a biblioteca do Conco Lydia Botana, coñecida como Bolboreta, unha música multinstrumentista e pedagoga musical que virá conmemorar con nós o Día Mundial do Libro e o dereito de autor. Unha proposta chea de ritmo, historias e viaxes para celebrar a lectura e a música coas crianzas que chega a Dumbría da man do Departamento de Cultura da Deputación da Coruña.


O acceso a todas estas actividades é libre e gratuíto, ata completar aforo.
 

Comentarios