domingo. 01.03.2026
El tiempo

O Concello de Dumbría e o Club Ciclista Dumbría recuperan a ruta BTT

CluB Ciclista Dumbria presentacion BTT
O Concello de Dumbría e o Club Ciclista Dumbría recuperan a ruta BTT

O Concello de Dumbría e o Club ciclista Dumbría presentaban a  XII ruta BTT Concello de Dumbría esta mañá nas instalacións deportivas do Conco. A data elixida para que as bicicletas volvan rodar é o domingo 19 de abril.

Haberá dúas rutas. A longa recorrerá un total de 56 km e a curta, terá 32 km. Ambas as dúas visitarán puntos de interese paisaxístico e patrimonial do noso concello. E terá a particularidade de que pasará polas sete parroquias dumbriesas.

O dispositivo de seguridade será importante. A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Dumbría controlará os tramos máis delicados. E tamén contaremos coa colaboración do Moto Club Terras do Vákner, que axudará a cubrir a totalidade do percorrido.

Ao finalizar a ruta, servirase un menú, composto de ensalada de pasta e churrasco, para os ciclistas que así o soliciten.

Presentacion BTT Club Ciclista Dumbria
O rexedor Raúl González durante a presentación da BTT Dumbría


No acto estiveron presentes o Alcade de Dumbría Rúl González, o Concelleiro de obras David Carreira, varios deportistas do club, o moto club Terras do Vákner,  representado polo seu Presidente José Manuel Conde,  así como voluntarios da agrupación local de Protección civil encargada da seguridade da proba dirixido por Marcos Senra (Presidente da AVPC Dumbría).

O Club ciclista Dumbría, que volve pedalear con forza (e unha mostra diso é que conta con 40 deportistas nas súas filas), aproveitou esta presentación da ruta BTT, o club local deu a coñecer a nova equipación oficial coa que os integrantes do club rodarán xa neste 2026

Presentacion BTT Club Ciclista Dumbria
Nova equipación do Club Cclista Dumbría

Na presentación lembrouse que a primeira BTT Concello de Dumbría celebrouse o 5 de febreiro de 2012. Esas primeiras edicións foron acadaron gran éxito de participación, achegándose aos 500 inscritos/as, algo que agardamos que volva repetirse este ano.

Como novidade para esta edición, as bicicletas eléctricas terán a súa propia categoria. As inscricións serán a través da plataforma www.emesports.es. O prazo para anotarse comeza a partir do 9 de marzo e remata o 16 de abril.

Raúl González Alcalde de Dumbría comentou: “Teño que destacar importancia do ciclismo dentro do Concello, que serviu como motor turístico para dar a coñecer o noso territorio”. Agradeciu ao club ciclista e voluntarios o seu traballo para poder recuperar esta proba tan importante no Concello.
Iván Ferradás, deportista do club, destacou os puntos clave do trazado e animou a xente a participar nesta ruta, que contará con duas distancia, unha máis popular de 32km e outra de 56km.

Comentarios