Martes. 10.12.2019
El tiempo

A dumbriesa Ánxela Louzán gaña o concurso de debuxo do Mar na Escola

Debuxo de Ánxela Louzan, gañador do Concurso O Mar na Escola de Stolt Sea Farm
Debuxo de Ánxela Louzan, gañador do Concurso O Mar na Escola de Stolt Sea Farm
A dumbriesa Ánxela Louzán gaña o concurso de debuxo do Mar na Escola

No marco do programa "O mar na Escola 2019, Xogando Co Vento”, a empresa Stolt Sea Farm quixo colaborar cun Concurso de de Debuxo infantil sobre “A crianza de Rodaballo”. Esta segunda edición xa ten gañadora, Ánxela Louzán Franco de 3º de Primaria do CEIP Sta. Eulalia de Dumbría, leva o primeiro premio por diante de varios centos de propostas.

De feito, a propia empresa resalta a alta participación e o gran talento de todos os traballos realizados, pero explican que o exemplar de Ánxela Louzán “destacou polo seu valor artístico e pola clara expresión da cadea de valor da crianza do rodaballo”. O premio consistirá nun kit de merchandising e na visita do curso do premiado ás instalacións que a empresa ten na zona. Os nenos tendrán a oportunidade de coñecer unha granxa de cerca e de aprender todo o proceso de cría.

Anxela Louznn Franco practicando O Mar na EscolaÁnxela Louzán, á dereita, durante o curso O mar na Escola

A finalidade do concurso era dar a coñecer a acuicultura, as súas vantaxes e os beneficios do consumo de peixe na dieta infantil, a través do fomento da creatividade e a participación activa dos alumnos. A temática debía versar sobre a acuicultura mariña en terra, facendo referencia ao rodaballo.

A entrega do premio, levarase a cabo na clausura do programa. A experiencia foi moi positiva e a empresa considera realizar a terceira edición o próximo ano.

Novas relacionadas

Comentarios