Xoves. 21.11.2019
El tiempo

O Mar na Escola: 500 [email protected] da comarca disfrutan do mar en horario escolar

Alumnado do CEIP Santa Eulalia de Dumbria disfrutando da iniciativa O mar na Escola
Alumnado do CEIP Santa Eulalia de Dumbria disfrutando da iniciativa O mar na Escola
O Mar na Escola: 500 [email protected] da comarca disfrutan do mar en horario escolar

Xa está no seu ecuador o pioneiro proxecto O Mar na Escola "Xogando co Vento”. Na súa 15ª edición, esta fermosa iniciativa de Cataventos Escola de Vela, permite que 500 [email protected] de toda a zona coñezan de primeira man un espazo tan propio, e ás veces tan alleo, como é o mar. E que o fagan a través do deporte, da vela, e en horario lectivo non é máis que unha demostración de que a aprendizaxe ten moitos camiños.

Xa fixeron o seu bautismo de mar á bordo de optimist, omegas ou piraguas, o alumnado do centros de Camariñas (CEIP O Areal e CEIP Ponte do Porte, I.E.S Pedra da Aguia), de Cee (Colexio Manuela Rial Mouzo e CEIP Eugenio Lopez), de Dumbría (CEIP Santa Eulalia), de Fisterra (CEIP Mar de Fóra, CEIP Areouta e Colexio Nª Sª do Carmen) e de Corcubión (CEIP Praia de Quenxe).

Nos mes de maio, xuño, tocaralles o turno aos alumnos dos centros de Muxía (CEIP Virxe da Barca, CEIP Os Muíños , CEIP Vilarmide e IES Ramón Caamaño), dos centros de Carnota (CEIP do Pindo, CEIP de Carnota) e do centro de Laxe (CEIP Cabo da Area).

O programa inclúe unhas sesións teóricas previas cuxo obxectivo é familiarizar aos [email protected] co mundo mariño a través de sesións formativas sobre a vida no mar (corales, esponxas, erizos, peces, crustáceos…), a acuicultura e axudarlles a entender as mareas, as correntes e o Vento, así como os elementos de medición das mesmas.

Xa no mar, no barco escola aprenden sobre a importancia do traballo en equipo e teñen a oportunidade de practicar manobras nos distintos postos de abordo (estafón, foque, maior, facer banda).

Paralelamente o alumnado ultima os detalles para a entrega dos debuxos para o II Concurso de Debuxo Stolt Sea Farm “A crianza do rodaballo”, xa que o prazo finaliza 28/05/2019.

O mar na Escola en Camarinas

Novas relacionadas

Comentarios