Venres. 04.10.2024
El tiempo

”De 7 días da semana, 3 estamos sen auga, e cando temos non temos presión. É tercermundista”

Desvio en Berdeogas cara Chacin e Sabade
A casa afectada atópase no lugar de Sabade, na parroquia de Berdeogas
”De 7 días da semana, 3 estamos sen auga, e cando temos non temos presión. É tercermundista”

Así define Isabel Castreje a situación co abastecemento de auga no lugar de Sabade, parroquia de Berdeogas, en Dumbría. Unha problemática que se extende nos dous últimos anos, polo que cansa de pelexar coa empresa sumisitradora “e mesmo recibir vaciles”, quere denunciar a situación publicamente.

Castreje lamenta que os cortes chegan sen previo aviso. “O pasado xoves quedamos sen auga o ás 12:00h. Esperamos ata o venres, por se había unha avaría. Chamei ás 13:00h, e o sábado chegou un pouco, pero non suficiente”.

Os problemas vanse superando con parches pero habitualmente non chegan a 1 bar de presión, cando debe alcanzar ata os 5 bares para poder, por exemplo, ter forza para acender a caldeira.

A empresa suiministradora, Augas de Corcubión, asegura “estar traballando para atopar unha solución”, sinalando que a casa está “nunha cota moi alta con respecto aos depósitos”.

”Iso si, o recibo da auga pásano relixiosamente”, lamenta Castreje, que espera que os problemas se solucionen canto antes.

Comentarios