Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Do Wattpad ao libro. A dumbriesa Noelia Castro estrea o seu primeiro libro

Do Wattpad ao libro. A dumbriesa Noelia Castro estrea o seu primeiro libro
Noelia Castro Lourido presentando o seu libro 2 Noelia Castro Lourido, no centro, escoltada polas técnicas do Concello de Dumbría na presentando o seu libro no Conco Xa levaba máis dun ano contando as súas historias a través da rede social literaria Wattpad, unha aplicación que permite crear e compartir contidos con outras persoas. Pero acaba de dar o salto ao papel, ao libro, coa publicación (pola editorial Brisa del Sur) da súa primeira novela ”En brazos de otro amor”. Noelia Castro Lourido ten 39 anos e é natural Anseán, Concello de Dumbría. Precisamente O Conco foi o lugar escollido para presentación da súa novela en sociedade, o pasado 22 de xuño. Noelia Castro Lourido presentando o seu libro Noelia valora moito este momento pois foi a propia editorial a que contactou o pasado mes de abril para publicar a súa historia. É un momento no que se sinte feliz e emocionada, Agora serán moitas máis as persoas que poidan coñecer as súas historias, vendo que hai recompensa detrás de todas as horas que pasa tecleando. Apaixoada da lectura (tanto en papel como en dixital) recoñece a súa devoción por escritoras de novela romántica como Julia London, Brenda Novak ou Diana Palmer Candace Camp, pero tamén os poemas do noso veciño Xaime Trillo fanlle tremer os cimentos. Libro de Noelia Castro Lourido En brazos de otro amor-Ediciones Brisa del Sur ”En brazos de otro amor” é unha novela romántica que narra as aventuras e desventuras de Jason e de Heather, esta ambientada no Londres do seculo XIX. É unha historia apaixoante onde se mesturan intriga, amor, paixón, celos, e aventuras cunha trama que atrapa o lector desde a primeira páxina. Os protagonistas están rodeados dunha serie de personaxes ambiciosos e egoístas que buscan a forma de manipulalos, pero eles son fortes e finalmente vencen todos os obstáculos que se lle presentan o longo da historia. Tocaranos lelo pronto, pois o libro estará dispoñible na librería Arenas de  A Coruña a partir do 25 xullo, e irá chegando ao resto de librarías do país, pero xa estamos pendentes da súa segunda novela, xa en marcha, e que poderá ver a luz o vindeiro ano: “Matrimonio por vinganza”. Temos escritora nóbel, pero para rato!  

Novidades literarias costeiras

https://quepasanacosta.gal/o-escritor-muradan-jose-manuel-bermudez-trasladanos-a-palestina-coa-sua-ultima-novela/ https://quepasanacosta.gal/loly-gonzalez-estrease-no-mundo-da-novela-co-seu-amor-viajero/ https://quepasanacosta.gal/fisterrania-xerardo-vidal-levanos-ata-o-medievo-na-fin-da-terra-coa-sua-ultima-novela/ https://quepasanacosta.gal/fixen-unha-ruta-polo-monte-pindo-e-xa-quixen-escribir-a-novela-xa-via-escapados-por-todas-partes/ https://quepasanacosta.gal/maria-jose-lago-traba-presenta-en-fisterra-a-sua-nova-novela/ https://quepasanacosta.gal/unha-novela-ambientada-no-noso-fin-da-terra-candidata-aos-premios-de-amazon/ https://quepasanacosta.gal/merce-barrientos-e-yano-yoro-presentan-un-libro-en-muxia/ https://quepasanacosta.gal/un-libro-de-ramon-garcia-filgueira-recolle-a-historia-das-embarcacions-de-cabotaxe-na-costa-da-morte/ https://quepasanacosta.gal/mohamed-safa-estrease-como-escritor/

Fonte

Comentarios