Sábado. 04.05.2024
El tiempo

O Domingo de Entroido, cita imprescincible en Dumbría

cartel entroido Dumbria 2024
cartel entroido Dumbria 2024
O Domingo de Entroido, cita imprescincible en Dumbría

Xa é toda unha referencia o concurso de disfraces e comparsas do Concello de Dumbría, que se celebrará o domingo 11 de febreiro. O pavillón polideportivo do Conco acollerá a gran festa entroideira, despois do desfile, que partirá ás 17:00h dende a praza do Concello.

A comparsa gañadora levará 1.000€, a 2ª 500 e a 3ª, 300 euros. O resto de comparsas recibirán 200€ por participar.

Para o certame de disfraces haberá premio de 150 € ó disfraz individual máis orixinal.

Para o concurso de comparsas é necesario inscribirse nas oficinas municipais antes das 15:00 h do xoves 8 de febreiro, e e tendes aquí as bases.

Ver máis programas de Entroido

Comentarios