O domingo de Entroido, en Dumbría

Xa ha data para o gran domingo do Entroido Dumbría 2025, unha cita xa absolutamente establecida na comarca. O pavillón polideportivo do Conco acollerá a gran festa que este ano cae no domingo 2 de marzo.

A festa comeza ás 17:00 h, coa concentración de comparsas na praza do concello para iniciar o desfile ata as instalacións do Conco.
Unha vez no pavillón, desenvolveranse o concurso de disfraces individuais e das sempre divertidas comparsas, chegadas de varios lugares da comarca. 

Para o concurso de comparsas é necesario inscribirse nas oficinas municipais antes das 15:00 h do xoves 27 de febreiro. Podedes ver aquí as bases.

 

Máis novas

 

Outras citas do Entroido