A retranca e as artes escénicas fisterrás triunfan no Entroido de Dumbría


Estase convertindo xa nun clásico este domingo de Entroido do Concello de Dumbría. Un entroido coas melloras marcas da comarca, sobre todo en participación. Este anos foron 14 as comparsas anotadas, se ben unha non puido acodir e a infantil/xuvenil municipal, os #DumbríaChef, actuaron fóra de concursos. En todo caso, botouse en falta á mítica comparsa de Buxantes Calidade, que se tomou un ano sabático.
Houbo comparsas de todas as idades, e diferentes estilos, cunha tremenda variedade nas representacións: regueifas, parodias e moito baile moderno.
E volveu ser a retranca e as artes escénucas fisterrás a que levou o primeiro e o terceiro premio, despois de participar no agudo entroido sabatino fisterrán. “Os da Charca”, destacados pola súa mocidade, foron os escollidos polo xurado (Jorge Mira, catedrático de Física na USC, Santiago Garrido, xornalista na Voz de Galicia, Xosé Manuel Lema, xornalista en Adiante Galcia, e María Lema, concelleira de Cultura de Dumbría), por diante de Yo-Gures, e os Trotamúsicos.
E como non podía ser doutro xeito, o premio individual foi para o ceense Rafael Quintáns, que este ano currouno de maneira especial con ese Home Espello.










Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Fotos de Rafa Quintáns.