Mércores. 09.10.2024
El tiempo

As Cantareiras de Ardebullo encheron de risas o Entroido de Dumbría

As Cantareiras de Ardebullo encheron de risas o Entroido de Dumbría
Entroido Dumbria 2013-Foto-Juan Louro - Cantareiras Ardebullo

Impresionantes, como non podía ser doutro xeito, estiveron as Cantareiras de Ardebullo no Entroido de Dumbría. Está conseguindo o Concello que este entroido se convirta nunha referencia no Domingo entroideiro da zona, cunha aposta potente pola troula. E este ano a cousa foi grande.

Mucha e Nucha fiaron con arte e humor a gala das comparsas, e fixeron elas mesmas de comparsas meténdose con detalles tan dumbrieses como o cruceiro inclinado dumbriés, que disque quedou así tralo choque da Mucha uns anos atrás…

E as comparsas estiveron a altura. As da casa, e as de fóra. "A Invasión Ghuracha", dos sempre bravos festexeiros de Gures, encheron de risas o escenario, con reunións políticas e tanques. Chegaron dende Lires e tras vencer o sábado de Entroido en Muxía, "A granxa desahuciada", que veu representar un problema tan real como a vida mesma, pero en clave de humor, que diso se trata o Entroido.

E a traca final corría a cargo da banda local. Os de sempre, os Buxantes Calidade trouxeron un "Rei León" espectacular, co armadanzas César Ferrío, incombustible coma ninguén.

Ao final, o xurado non que quixo queimar e repartiu o primeiro premio entre os locais e os de Lires, quedando o terceiro para os de Gures.

Moitas caras coñecidas como a de César Ferrío no Entroido de Dumbría 2013-Foto-Juan Louro -

E aquí, a sorpresa da noite no remate do entroido a cargo das Cantareiras de Ardebullo, Nucha e Mucha, con coreografía dos nenos/as de Dumbría. Os rapaces e rapazas do concello ensaiaron nas casas culturais do concello unha coreografía da canción "Nós non temos pai" para darlles unha sorpresa ás Fillas da Conexa.

Máis información

Entroidos 2013

Entroidos por vivir

Fonte

Comentarios