Venres. 29.03.2024
El tiempo

Dumbría, Cee e Corcubión despediron aos seus profesionais do Obradoiro de Emprego Camiño do Solpor

Obradoiro Emprego Dumbria
O acto de entrega foi no Conco, no Concello de Dumbría
Dumbría, Cee e Corcubión despediron aos seus profesionais do Obradoiro de Emprego Camiño do Solpor

Foi a de onte unha xornada de clausura dos Obradoiros de Emprego da comarca. Así aconteceu no de Santa Comba, no de Camariñas-Vimianzo-Muxía e tamén no de Dumbría-Cee-Corcubioón.

O de Camiño do Solpor IV serviu para mellorar a ocupabilidade de 20 persoas desempregadas de Dumbría Cee e Corcubión, a través da súa cualificación profesional, en alternancia coa adquisición de experiencia laboral, neste caso nas modadelidades de instrución en ioga e promoción turística local e información ao visitante.
Ademais, o alumnado-traballador recibiu formación complementaria en materia de prevención de riscos laborais, xestión empresarial e orientación laboral, alfabetización informática, formación para a igualdade e sensibilización ambiental.

O alumnado-traballador da especialidade de instrución en ioga, impartiu clases de iniciación nesta disciplina nas instalacións deportivas dos tres concellos participantes no proxecto. As sesións foron impartidas de febreiro a xullo, 6 meses nos que puxeron en valor os beneficios da mesma e no benestar físico e mental que provoca nas persoas que a practican.

O alumnado-traballador da especialidade de promoción turística local e información ao visitante, realizou a promoción e divulgación turística dos tres concellos, así como labores de recompilación dos seus respectivos recursos turísticos. Ademais, realizaron a atención e asesoramento a turistas e visitantes, así coma deseño de roteiros, elaboración de material e outros produtos turísticos. Nos meses de xuño e xullo, levaron a cabo visitas guiadas, mostrando o patrimonio material e inmaterial, as cales tiveron unha gran aceptación.

Novas relacionadas

Comentarios