Dumbría prepara o seu gran Domingo de Entroido


Se o sábado hai cita fixa en Fisterra, o domingo 26 de febreiro a gran cita do entroido costeiro é a de Dumbría. Xa hai anos que o Entroido de Dumbría se afianza como unha das paradas obrigatorias. O seu concurso de comparsas está sendo cada vez máis recoñecido, tendo unha calidade e unha retranca admirables.
Os seus premios dan conta deles, pois serán 1.000€ para a comparsa gañadora, 500€ para a 2ª e 300€ para a que completa o podio. En todo, o resto de comparsas participantes levarán 150€, igual que o gañador do premio individual ao disfraz máis orixinal.
O programa para ese domingo arrincará ás 17:00h dende a porta do Concello, cun pasarrúas ata a Praza da Igrexa, onde se desenvolverá o concurso, amenizado pola Charanga Maloserá.
Como participar
As comparsas deben inscribirse antes das 15.00 horas do xoves 23 de febreiro nas oficinas municipais en horario de 8 a 15 horas. (Teléfono: 981 744 001)
Os que queiran participar na comparsa municipal, pero fóra do concurso, poden pasar os venres pola tarde polo Conco, onde xa andan cos ensaios.
Novas relacionadas
- Entroido 2016: O Entroido de Dumbría supera as mellores marcas.
- O Entroido de Fisterra xa ten cartel e presentadores
- Carnota preparase para a festa do entroido.
- Os obradoiros e a festa mistúranse no entroido de Muxía
- Entroido de Ponteceso e Corme.
- Martes de Entroido en Cabana.
- Redacción QPC ([email protected])