mércores. 30.04.2025
El tiempo

Dumbría rompe a rutina por Nadal

Dumbría rompe a rutina por Nadal

Departamento e Cultura do Concello de Dumbría, a través do seu activo blog dumbriaecultura.blogspot.com, vén de presentar o novedoso programa de Nadal 2012.

Ó longo do mes de decembro, son moitas as actividades nas que vas poder participar en Dumbría. Teremos teatro, maxia, concerto didáctico, música tradicional, poesía, obradoiros de confección de abalorios, obradoiros de elaboración de decoración de Nadal, exposicións de fotografía contemporánea, mostras fotográficas de fotos antigas (dentro do proxecto Dumbría en Branco e Negro), venda de manualidades feitas por Aspadex, contacontos e clásica visita do paxe real, pensada para os máis pequenos.

Non perdades fío e rompede a rutina e disfrutade dun Nadal cheo de propostas.

Máis información

Pincha na imaxe para ampliar o Programa de Nadal do Concello de Dumbria

Fonte

Comentarios