Venres. 19.04.2024
El tiempo

Dunha casa no Ézaro a un cubo en NY

Dunha casa no Ézaro a un cubo en NY

Esta é a vida de David Rodríguez Cambeiro, durante o inverno nun Cubo no medio e medio de New York City, e no verán chimpando polos furados do Forcado, Monte Pindo arriba.
David é do Ézaro, traballa de creativo para unha firma estadounidense, e máis alá de se todo isto é ciencia ficción ou non, a repercusión do vídeo levouno ata a televisión.

David cumple os méritos da "típica historia da diáspora galega. Nacido nos EEUU, de pais galegos. Criado de pequeno no Ézaro, iamos todos os veráns a ver os meus avós", cóntanos. "Aínda vou todos os veráns a ver meus pais, que desde que se xubilaron no ano 2000, volveron á terra".

E nestas nace o proxecto Men in a Cube. Nace da cabeza dun amigo, propietario da empresa de márketing Thinkmodo, que se dedica a facer vídeos virales. Desta volta a idea foi para Chip Wilson, xefe da empresa Lululemon, que ten un website sobre unha nova forma de meditación rápida, WHIL, unha especie de técnica para a xente sen tempo agobiada polo ‘technostress'.

David meteuse no seu papel de "escritor frustrado que decide vivir nun cubo para desconectarse do mundo moderno, email, redes sociales, etc. Meteuse no Cube de Astor Place coa idea de vivir nunha escultura, e no medio da cidade porque como escritor aínda necesita estar ubicado no centro da cuidad para poder estar inspirado da energia de NYC. A final do video descubre WHIL e dalle ese empuje para salir do cubo e vivir tranquilamente na sociedad", explícanos.

A idea, dende logo, tremendamente orixinal. E bueno, para os que vistes e entendestes o vídeo, xa podemos dicir que David xa se ten mudado a un pisiño algo máis grande... Parece que as cousas non lle van mal a este dumbriés polo outro lado do Atlántico.

Un saúdo David!!

Novas relacionadas

Fonte

O mozo do Ezaro David Rodriguez Cambeiro e a Man in a Cube

Comentarios