Mércores. 01.05.2024
El tiempo

O Ézaro ponse de gala para a nova Travesía e a Night Swimming Experience

Travesia a nado ezaro nocturnaç
O Ézaro ponse de gala para a nova Travesía e a Night Swimming Experience

O alcalde de Dumbría, Raúl Gonzalez Lado, presentou hoxe, xunto cos responsables da organización da proba, a Travesía Costa Ézaro Duacode 2023, que se celebrará o domingo 3 de setembro na praia e fervenza de Ézaro. É a quinta proba tras as celebradas na Coruña, Oleiros, Balarés e Sisargas-Malpica, nas que os nadadores deberán percorrer dúas distancias: 4500 metros na proba curta, e 2000 metros na proba longa.

Un total de 315 participantes nadarán nesta terceira edición, cunha participación moi destacada de nadadores de todo o territorio nacional. Un total de 12 gañadores nas diferentes categorías do ano 2022 no circuíto nacional estarán presentes este domingo na viaxe.

Travesia a nado ezaro
Imaxe do ano pasado

 


Ademais, paralelamente á proba, celebrarase a segunda edición da Night Swimming Experience 2023, na que un reducido grupo de nadadores poderá gozar dunha travesía nocturna ata a base mesma da fervenza do Ézaro. Celebrarase o sábado ás 22.00 horas, e coincidirá co acendido de luces e son.

Comentarios