Os fisterráns do Volei Dumbría Brais García e Mateo Martínez volven ao Campionato de España coa Selección Galega Cadete
08:52 23/06/26
O ano pasado xa quedaron na 5ª praza no Campionato de España celebrado en Avilés, competindo coa Selección Galega Infantil. Este ano, os fisterráns Brais García e Mateo Martínez, xogadores do Volei Dumbría, volverán a defender a camisola da selección Galega Cadete de Voleibol, desta volta en categoría cadete.
Os deportistas costeiros participarán no campeonato de España que se celebrará en Lugo esta fin de semana do 25 o 28 de xuño, con todas as posibilidades por diante.

Unha nova demostración da categoría do club dumbriés, que xa puxo no máis alto a Unai Larrañaga, un dos mellores líberos da Superliga co seu CV Guaguas. Unai xa é internacional, campión da SuperLiga e ten xogado a Champions.