Sábado. 21.09.2019
El tiempo

O Ézaro colle o relevo de Laxe como capital estatal do Salvamento e Socorrismo

O Ézaro colle o relevo de Laxe como capital estatal do Salvamento e Socorrismo
Campionato de Salvamento e Socorrismo en laxe Campionato de Salvamento e Socorrismo celebrado esta pasada fin de semana en Laxe Xa é algo habitual, pero non por iso menos importante, para as vilas de Laxe e o Ézaro. De feito, os dous areais son un referente galego e nacional para o mundo do salvamento. I é que ambas son praias ideais para facer probas deportivas. A pasada fin de semana a praia de Laxe acollía o Campionato de España Infantil e Cadete de Socorrismo e Salvamento. A vila laxeira recibía 450 deportistas de entre 10 e 12 anos acompañados de moitas familias.

Proba no Ézaro

campionato salvamento socorrismo no Ezaro Esta fin de semana tocaralle ao Ézaro recibir o Campionato de España Xuvenil e Junior, outra proba con máis de 400 deportistas en competición, con clubs chegados de toda a península. A visita dumbriesa completarase ademais coa iluminación da Fervenza, e unha sesión de cine ao aire libre, coa proxección de "Vaiana", o sábado ás 22:30h. A maior presenza será a dos xuvenís, cuxa participación alcanza os 257 deportistas, mentres que en junior daranse cita 149 socorristas, encadrados nun total de 120 equipos (64 xuvenís e 56 juniors) que pertencen a 41 clubs de nove Comunidades Autónomas. Hai case paridade entre os 406 inscritos en ambas categorías, con 200 deportistas masculinos e 206 femininas. Por territorios autonómicos Galicia é a Comunidade con máis participantes, con 80, o 19,7 por cento do total, por diante de Comunidade Valenciana, que inscribiu a 67 deportistas, o 16,5 por cento, e Castilla e León e Castilla-La Mancha, con 62 socorristas e o 15,27 por cento en casa caso. Podedes seguir a actualidade co hastag #SOSDumbria18.  

O Deporte como motor económico

Xa en 2016 a vila laxeira acolleu o Campionato Nacional e en 2017 o Galego, mentres que o areal dumbría recibía tamén unha proba do Campionato galego do ano pasado. Eventos que provocan unha importante chegada de visitantes que significa un importante impulso á economía local, ademais dun perfecto escaparate turístico, pois seguro que os que visiten a zona por primeira vez con este campionato, acabarán voltando pola súa conta a disfrutar das súas vacacións. Unha demostración de que o deporte serve como motor económico.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-praia-de-laxe-viviu-unha-deportiva-fin-de-semana/ https://quepasanacosta.gal/o-ezaro-acolleu-un-novo-campionato-galego-de-salvamento-e-socorrismo/ https://quepasanacosta.gal/o-campionato-nacional-de-socorrismo-trouxo-a-laxe-deporte-valores-e-economia/ https://quepasanacosta.gal/o-ezaro-acolleu-un-novo-campionato-galego-de-salvamento-e-socorrismo/

Comentarios