O Ézaro será escenario, unha vez máis, dun Campionato a nivel autonómico de Socorrismo e Salvamento
O Campionato Galego de Praia de Salvamento e Socorrismo nas categorías base volve á praia do Ézaro entre o 27 e o 30 de xuño na praia do Ézaro (Dumbría). É a competición que pecha a temporada deportiva autonómica destas categorías e serve como preparación para os campionatos de España, que terán lugar no mes de xullo.
Tres días de actividade que congregan, de novo, a gran cantidade de visitantes na nosa comarca, convertendo outra vez a organización de eventos deportivos nun motor de desenvolvemento económico e territorial, o que vén sendo xa marca da casa do Concello de Dumbría desde fai moitos anos.
Este campionato fai que a praia do Ézaro (Dumbría) acolla a máis de 400 deportistas (437) , a isto, súmaselle o equipo da organización (dirección técnica, comunicación, equipo arbitral, persoal de montaxe, etc.) que estará formado por máis de 30 persoas.
Ademais, por tratarse de categorías deportivas de base, a afluencia de familias e público é habitualmente moi alta, polo que se espera que durante a fin de semana se concentren na praia do Ézaro e os seus arredores máis de 1.000 persoas. Trátase dun evento de alto impacto tanto deportivo como social e económico para a zona onde se celebra.
Un total de 12 clubs de toda a comunidade autónoma participan no evento: Club Salvamento y Socorrismo Carballo – SYSCA, Club Acuático Umia, Club Salvamento Acuático Pontevedra – SAPO, P.C. Salvamento Sanxenxo, Club Salvamento Acuático Laracha – SAL, Club Natación Cerceda ,Club Salvamento Sada – SASA, Club Salvamento Arteixo – SALVAR , Club Natación y Salvamento A Estrada, Club Salvamento Vilagarcía Club Natación Santa Comba LB, Club Salvamento Ourense – SALVOUR.
Destacar a participación feminina que supera o 50 % dos inscritos/as e tamén o aumento de participación respecto ao mesmo campionato realizado no 2023.
O campionato estará en todo momento retransmitíndose en directo, a través da canle de youtube da Federación de Salvamento e Socorrismo: