Falece unha muller nun aparatoso accidente á saída de Bustelo
13:41 15/11/19
A mañá deste venres saldouse cun novo accidente na bisbarra. O sinistro aconteceu ao redor das 10 da mañá no kilómetro 83 da carreteira AC- 552, á altura de Bustelo (Dumbría). Deprazáronse ata o lugar dos feitos Protección Civil, Garda Civil, Bombeiros de Cee e un helicóptero sanitario.
No accidente, unha muller quedou atrapada no interior dun dos vehículos e tivo que ser excarcerada polos Bombeiros. A vítima, a pesar dos traballos dos servizos de emerxencia, finalmente faleceu. Tamén resultou ferida outra persoa, que foi trasladada en ambulancia.
Debido a este fatídico acontecemento requeríronse os servizos de Protección Civil de Dumbría e da Axencia Galega de Insfraestructuras para limpar a carreteira e restablecer a circulación.