Greenalia rematará antes de final de ano tres parques eólicos en Dumbría e Vimianzo

As Palas do parque eólico Monte Tourado xa están no porto de Ferrol

Ademais dos Parques Eólicos do Cerqueiral, e o “megaparque” eólico de Bustelo, Campelo e Toural, a empresa Greenalia avanza na tramitación de outros tres parques eólicos na comarca. A empresa zasegura que intenterá rematar neste 2020 os de Alto da Croa (7,3 MW), Alto da Croa II, en Dumbría (10,4MW), e Monte Tourado (10,4 MW), en Vimianzo.
De feito, as 9 pás de 68 metros que formarán os 3 aereoxeneradores do parque vimiancés xa están no porto de Ferrol, e pronto viaxarán por estrada ata soneira.

Os tres parques forman parte da primeira fase do proxecto Eolo, que unha vez finalizado contará con 74,2 MW en funcionamento en 5 parques eólicos (4 na provincia da Coruña e un en Lugo), chegando a crear, segundo a empresa, 1.000 postos de traballo.

Os tres parques foron aprobados xa en 2011 pero paralizados e outorgados á empresa Greenalia, que xa foi denunciada polo Concello de Vimianzo polo seu proceder, e que segundo ADEGA conta con “información privilexiada” por parte da Xunta unha vez que a ex conselleira Bea Mato é directiva.

Os tres parques evacuarán a súa enerxía na ”tea de araña” que se formará arredor da estación de Regoelle (Dumbria).

Novas relacionadas dos Parques Eólicos de Corme