Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Concello de Vimianzo lamenta o proceder de Greenalia arredor do parque eólico

O Concello de Vimianzo lamenta o proceder de Greenalia arredor do parque eólico

Máis alá do posible impacto económico, a interlocución parece un elemento indispensable para levar un proxecto tan importante como un parque eólico. Así o considera o Concello de Vimianzo, que manifesta a súa disconformidade co proceder da empresa Greenalia Wind Power ao anunciar a construción dun parque eólico en Vimianzo sen terse comunicado nin co Concello nin coas propietarias e propietarios dos terreos.

Dende o Concello consideran que “unha iniciativa destas características debe buscar o acordo coas propietarias e propietarios das fincas e o diálogo co Concello. Non é o método mais axeitado recorrer á publicación na prensa e no DOGA da ocupación de preto de 400 parcelas, sen ter ningún contacto nin interlocución prevoia cos propietarios e propietarias”. Un proxecto que pretende instalar 7 xeradores con máis de 24 Mw nos montes da parroquia de Tines.

Lembra ademais Manuel Antelo, alcalde da vila, que ata o de agora a tramitación dos parques eólicos en Vimianzo realizouse no marco do diálogo e da información tanto coa administración local como coa veciñanza. Sen ir máis lonxe a semana pasada o Concello de Vimianzo concedeu licenza para o inicio das obras do parque Monte Tourado – Eixe a Gas Natural. “O proceso de interlocución foi un exemplo a seguir, en contraposición co promovido por Greenalia”, explica.

Co anuncio do DOG do día de hoxe sométese o proxecto a exposición pública, durante o prazo de 15 días, facendo referencia á posibilidade de consultar o proxecto no Concello de Vimianzo, pero no Concello de Vimianzo non consta proxecto ningún que poida consultarse, nin xestión algunha feita por parte da Xunta de Galicia ou da empresa promotora.

Asi mesmo, o Concello de Vimianzo incoou un expediente de reposición da legalidade urbanística á empresa Greenalia porque instalou sen autorización municipal unha torre anemométrica fai uns meses.

En todo caso, o Concello manterá informados aos veciños, e nos próximos días convocará unha xuntanza veciñal.

A empresa ten en marcha varios na comarca, o trío de polémicos parques de Coristanco, Carballo e Santa Comba) e outros tres nos concellos Vimianzo, Cabana de Bergantiños e Zas, e Laxe.

Proxectos Eolicos de Greenalia na Costa da Morte Proxectos Eolicos de Greenalia na Costa da Morte

Novas relacionadas

Comentarios