Domingo. 09.08.2020
El tiempo

A veciñanza presenta alegacións ao Parque Eólico das Salgueiras

Mapa do Parque Eolico das Salgueiras en Corme
Mapa do Parque Eolico das Salgueiras en Corme
A veciñanza presenta alegacións ao Parque Eólico das Salgueiras
En plena corentena, continúa a veciñanza da ría de Corme e Laxe organizándose para presentar alegacións ao Proxecto Eólico das Salgueiras. O parque promovido por Norvento S.L., situado en pleno Monte Branco (Ponteceso), a menos kilómetros do que actualmente xestiona a empresa EDP en Corme, afecta á paisaxe dun elemento tan singular como o Esteiro do Anllóns.

Por iso, tras unha serie de xuntanzas informativas, un grupo de persoas e diversos colectivos galegos, teñen iniciado a formalización e rexistro de alegacións na Xunta de Galicia para solicitar a suspensión provisional da tramitación deste proxecto, facendo fincapé na desactualización lexislativa da DIA, formulada no ano 2016 pola Dirección Xeral de Minas, e a necesaria revisión da mesma; solicitando paralelamente toda información obrante no expediente para que a cidadanía poda saber si realmente estanse a ter en conta todos os elementos afectados na zona e valorar se poden existir cambios significativos en relación á propia instalación do parque.

Recordan o preocupante que resulta desde unha perspectiva de sustentabilidade social e medioambiental que se continúen planificando proxectos deste calibre en zonas de alto valor paisaxístico, cultural e ambiental, recoñecidas e catalogadas baixo categorías de protección oficial, ben a nivel nacional, ben europeo como son a Zona de Especial Conservación (ZEC), Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) e Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA).

Así, o grupo promotor pide colaboración e ofrece o correo [email protected] para repartir información.

Novas relacionadas dos Parques Eólicos de Corme

comentarios