Domingo. 23.02.2020
El tiempo

#EÓLICOS

Colectivos de 6 concellos da Costa da Morte forman parte da Rede Galega por un Rural Vivo

Pantallazo do Rexistro Eolico de Galicia na Costa da Morte. Pantallazo sacado do ​Rexistro Eólico de Galicia​ - os puntos de cor maxenta son parques en tramitación e os puntos de cor laranxa son os parques en nova solicitude. En azul os parques que xa están en produción.
Pantallazo do Rexistro Eolico de Galicia na Costa da Morte. Pantallazo sacado do ​Rexistro Eólico de Galicia​ - os puntos de cor maxenta son parques en tramitación e os puntos de cor laranxa son os parques en nova solicitude. En azul os parques que xa están en produción.
Colectivos de 6 concellos da Costa da Morte forman parte da Rede Galega por un Rural Vivo

Botar un ollada ao mapa do Rexistro Eólico de Galicia serve para decatarse da masiva implantación no territorio dos parques eólicos. Unha enerxía limpa, si, pero que xera un indubidable impacto no territorio, na paisaxe, na natureza… e que, por outro lado, debería reverter na economía dos lugares que afecta moito máis do que o fai actualmente, alomenos na Costa da Morte.

Por todo iso nace a Rede Galega por un Rural Vivo, unha rede de colectivos de 16 concellos de toda Galicia que se unen para “paralizar os proxectos abusivos de parques eólicos incompatibles co benestar no rural”, e que “pretende conseguir un rural máis protexido para o que comezan a traballar por un marco legal máis xusto co rural e co medio”.

Xa o pasado mes de setembro puñan a semente e esta pasada mantiñan unha reunión en Santiago para constituír á rede e “loitar conxuntamente para evitar que o rural galego non se utilice como un parque industrial”.

Entre os colectivos atopamos varios da Costa da Morte, como son a Plataforma pola defensa do Rural, de Ponteceso; un colectivo de afectados de Mazaricos, a Plataforma non máis eólicos Campelo-Bustelo-Toural, formada por veciños de Coristanco, Carballo, Santa Comba e Tordoia, e tamén varias entidades da Serra de Outes como Quijote ou APEOM. Completan o grupo xentes da Salvemos a Comarca de Ordes (Concellos de Ordes, Mesía, Frades, Trazo, Tordoia, Cerceda), a Asociación 3 Maio (Negreira), Salvemos o Iribio ou un colectivo de A Baña.

Premisas da Rede

Os colectivos veciñais da rede non están en contra da enerxía renovable, todo o contrario. Mais si están en contra dun sistema de produción enerxética que concentra esta produción nunha comunidade, a galega, convertíndoa nun territorio de sacrificio para producir enerxía que será transportada a centos de quilómetros para o seu consumo, perdendo moita enerxía no transporte.

O denominador común dos colectivos veciñais é que nos concellos nos que actúan enfróntanse a proxectos eólicos abusivos. Abusivos son aqueles proxectos eólicos que poñen en risco a seguridade, a saúde e a economía das persoas que viven nesas zonas, ademáis da afectación grave ó patrimonio natural, histórico e inmaterial, ó impacto na paisaxe e á perda de superficie agraria e forestal.

A Rede Galega por un Rural Vivo vai traballar para conseguir un marco legal que protexa a vida no rural. Evitando así escenas esperpénticas como un aeroxenerador de 200m de altura a tan só 500m das casas, ou liñas eléctricas que cruzan fragas centenarias.

Novas relacionadas

Máis novas sobre os eólicos

"Levamos 19 anos sen saber que un viravento invadira as nosas fincas de Corme”.

comentarios