O GDR aproba 2 novos proxectos relacionados co Camiño e un Taller de calzado
A Xunta Directiva da asociación Costa da Morte GDR aprobou na súa Xunta Directiva, celebrada onte 3 novos proxectos no marco da súa nova Convocatoria de Axudas Leader.
Deste xeito, aprobáronse 3 novos proxectos, 2 que continúan enfocados ao Camiño, con axudas para a creación dun novo restaurante e mais para mellorar o trazado. Ademais, un taller de reparación de calzado en Vimianzo.
- 1.- Creación dun Restaurante en Olveiroa (Dumbría). O orzamento aceptado ascende a 73.826,90€, e o importe da axuda sitúase nos 30.675,08€, o que supón un 41,55% sobre o total.<&/li>
- 2.- Melloras no Camiño de Santiago nos lugares de Corzón e Maroñas (Mazaricos). O orzamento aceptado ascende a 16.000,00€, e o importe da axuda sitúase nos 9.306,00€, o que supón un 58,16% sobre o total.
- 3.- Creación dun Taller de Fabricación e Reparación de Calzado (Vimianzo). O orzamento aceptado ascende a 30.405,00€, e o importe da axuda sitúase nos 11.538,70€, o que supón un 37,95% sobre o total.
20 proxectos no 2014
Tódolos proxectos contan coa verificación do ICE (Informe de Control de Elexibilidade) por parte de AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) e foron aprobados en firme pola Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte GDR e agora remítenselle estas aprobacións a AGADER para que emita as resolucións e lle las envíe directamente aos promotores.
Hai que sinalar que, dende que nos aprobaron o novo cadro financeiro, temos 1.418.829,28€ para o total da estratexia a executar no período 2014 -2015.
No que vai de ano levamos aprobados 20 proxectos que teñen un montante de 1.708.606,99€ de orzamento aceptado e unha axuda concedida en firme de 699.659,56€.
Máis información
- 981 71 73 58 (Centraliña).
- www.gdrcostadamorte.com.
- Twitter: @GDRCostadamorte.
- Facebook GDR Costa da Morte.
Novas relacionadas
Fonte
- Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte.