O GDR artella catro Xornadas para poñer en valor os nosos recursos económicos


O vindeiro mércores 30 de maio comezan as Xornadas sobre Desenvolvemento Territorial na Costa da Morte que vai levar a cabo o GDR Costa da Morte polas vilas da bisbarra. Serán 4 xornadas enfocadas a promover desenvolvemento territorial, tratando de poñer en valor os recursos e oportunidades que hai no territorio.
Son 4 xornadas temáticas, relacionadas cos recursos que están subliñando na campaña deste curso, para informar das nosas potencialidades, ilusionar e motivar aos emprendedores e amosar o que fan noutros lugares nestes mesmos campos.
A primeira xornada será no Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa o 30 de maio e versará sobre a Produción Agro-Gandeira.
As vindeiras xornadas (en Vimianzo, Baio e O Ézaro) tratarán sobre Patrimonio Natural e Cultural, Aproveitamento do Monte e Turismo.

CALENDARIO PREVISTO DAS XORNADAS
Día |
Hora |
Lugar |
Mércores 30/05/2018 |
15:30 |
Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa (Coristanco) |
Mércores 13/06/2018 |
18:30 |
Centro Sociocultural de Baio |
Mércores 11/07/2018 |
18:30 |
Casa de Cultura de Vimianzo |
Mércores 05/09/2018 |
09:30 |
Local Municipal en O Ézaro - Bitácora |
Novas relacionadas
- O GDR pon en valor os sectores económicos da bisbarra:
- APTCM e GDR unifican criterios na estratexia turística da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).