O Obradoiro de Emprego de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría pon o peche


Moi positiva a experiencia deste obradoiro de emprego “Posta en valor dos núcleos rurais no entorno do Camiño de Santiago dos concellos de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría”. Un obradoiro que arrincaba o 1 de setembro do 2016, e que servñiu para que 10 traballadores e traballadoras se especializasen “Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanizacións” e a outros dez na especialidade de “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”.
O alumnado da especialidade de Operacións auxiliares levou a cabo obras de mellora no Centro de Formación Ocupacional e nas beirarrúas da Avenida de Santiago no Concello de Santa Comba así como a mellora de distintas zonas de lecer no Concello de Mazaricos onde destacan os traballos feitos na Área de Lecer de Cumbráns en San Cosme de Antes.
Pola súa banda, o alumnado da especialidade de Atención sociosanitaria a persoas dependentes, organizou talleres de envellecemento activo no Concello de Santa Comba e elaborou unha guía de actividades de estimulación cognitiva e psicomotriz que se entregará aos Servizos Sociais dos tres concellos ademais de realizar as súas prácticas profesionais nos centros de ASPADEX e APEM en Cee e Geriatros Galicia en Vimianzo.

A Clausura
A clausura terá lugar no Pazo do Santiso do Concello de Santa Comba, ás 12:00 horas coa asistencia de Ovidio Rodeiro Tato, Delegado Territorial da Xunta de Galicia da Coruña e representantes dos concellos que conforman o Obradoiro.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).