Salvacadelos énchese de inquilinos que buscan un novo fogar

Novos inquilinos na iniciativa solidaria Salvacadelos, iniciativa artellada pola Clínica Veterinaria Argos de Cee e o xornal dixital Quepasanacosta.

Así que se tendes a intención de acoller unnovo amigo, este pode ser un bo momento. Estes son os animaliños que foron atopados polas rúas de Baio e Dumbría, ademais de fous fermosos gatiños Estas dúas cadeliñas adultas apareceron abandonadas, teñen sobre 1 ano (xa non medran máis). Son de raza mediana tirando a pequena.

Cadela dumbriesa

Apareciu abandonada en Dumbría, trátase dunha cadela adulta, ten sobre un ano e é de raza mediana.

Cadela baiesa

A cadeliña levaba meses vivindo nas rúas de Baio. Trátase dunha cadela adulta, ten sobre un ano e é de raza pequena.

Dous fermosos siameses

Estes dous preciosos gatiños macho de 4 meses buscan un fogar.

Máis información

Novas relacionadas

Máis cadelos

  • Novos cadeliños buscan fogar en Salvacadelos.
  • Novas relacionadas

    Fonte

    • Redacción de QPC (salvacadelos@quepasanacosta.gal).
    • Clínica Veterinaria Argos de Cee.