Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Tres medallas para o piragüismo de Dumbría

Tres medallas para o piragüismo de Dumbría
Piraguismo DumbriaOs deportistas do CDM Piragüismo Dumbría volven de Calasparra con tres medallas máis para o seu palmarés. A participación do clube local na Copa de España de Jovenes Promesas del Slalom non puido deixar mellor sabor de boca para os deportistas da comarca (Jorge Quintáns, Martín Quintáns, Lorena Costa, Fran Romar e Marcos Cancela), que pelexaron polo triunfo neste campeonato en augas do río Segura (Murcia). Jorge Quintáns fixo doblete nesta competición, subindo ao podium por partida doble, clasificándose en segundo lugar no K1 e no terceiro lugar no K2 (onde compartía embarcación co seu curmán Tomás Quintans). A representante feminina do clube, Lorena Costa, acadou a súa medalla no C1 feminino nunha proba que se caracterizou pola súa dificultade. A videira cita de competición para o clube CDM Piragüismo Dumbría será en Monforte a fin de semana que ven, participando na Copa Galega de Promoción de Slalom.

Comentarios