mércores. 04.12.2024
El tiempo

Un entroido de Circo en Dumbría

Un entroido de Circo en Dumbría
Os Leóns do Circo do Sol no Entroido de Dumbria 2015-Foto-Dario Gomez- Entroido de Dumbria 2015-Foto-Dario Gomez-Cantareiras de Ardebullo

Menudo circo que se montou o domingo no Entroido de Dumbría. 7 comparsas e 600 persoas participando activamente no Concurso dan conta do crecemento deste Entroido, xa unha das referencias na bisbarra. Disfrutaron os centos de asistentes baixo a carpa, coas comparsas e coas Cantareiras de Ardebullo, unhas sempre impresionantes Mucha e Nucha, que ata tiveron palabras sobre o archicoñecido Jorge Parri!

Ademais, o primeiro premio quedou en casa e todos contentos. Pero é que a proposta de Buxantes Calidade, co seu espectáculo Alegría do Circo do Sol, non vai de broma. Esta xente toma en serio o Entroido e a preparación das máis de 30 persoas que forman a comparsa dumbriesa, demostraron que son xustos gañadores dos 1.000 euros do primeiro premio.

Tamén en clave circense, dende Gures, e tras gañar o sábado o Entroido de Muxía, chegaron os da Decirconada, que levaron o 2º premio.

Por detrás, levando o terceiro premio, quedaron os loureáns da Rueirada, xa habituais dos entroidos da volta, cun exercito completo.

Houbo ademais premio individual, que levaron a parella de Papel, uns Rafa Quintáns e fillo que xa gañaron tamén en Muxía.

Entroido de Dumbria 2015-Foto-Dario Gomez-Artista pequena de Buxantes Lires en clave politica Foto-Dario Gomez Rafa Quintans e fillo non paran de conseguir premios

Máis novas

Fonte

Comentarios