Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Entroido de Dumbría apostou pola risa

O Entroido de Dumbría apostou pola risa
Mucha e Nucha no Entroido de Dumbria-Foto-Edita Cambeiro

Non puidemos estar este ano no Entroido de Dumbría, malia que as Cantareiras de Ardebullo preguntaran por nós. Pero tocaba facer de xurado por Vimianzo, e menos mal que a boa de Edita Cambeiro nos mandou unhas cantas fotos e a Concellería de Cultura dumbriesa nos conta como foron as actuacións.

Un Entroido, o de Dumbría, que está a gañar moitas posicións nos últimos anos. Referencia no domingo entroideiro, conta por segundo ano cunhas das persoeiras máis singulares do país. As Cantareiras de Ardebullo: Mucha e Nucha, recén chegadas de Suiza, que fixeron botar unhas risas coas peripencias vividas na súa viaxe de volta da emijrasión. Elas e mais o presentador González, Puideron ca chuvia e baixo a carpa instalada na praza da igrexa sacaron o mellor de todos os asistentes que a enchían.

A carpa do Entroido de Dumbria chea-Foto-Edita Cambeiro

Un Certame de artistas

O Caribe no Entroido de Dumbria-Foto-Edita Cambeiro

En primeiro lugar actuou a comparsa da Familia Shrek, chegada desde terras zasenses, para realizar unha simpática coreografía. A continuación fixeron a súa entrada no escenario os compoñentes da comparsa de Lires, "Abaticando o Vaticano", que chegaron cunha magnífica parodia na que non faltaron curas, monxas, garda vaticana e ata dous Papas, Benedicto e Francisco (o Papa Americano). Se o ano pasado xa compartiran o 1º premio con Buxantes Calidade, este ano levaron, a soas, o 1º premio de comparsas.

Abaticando o Vaticano de Lires no Entroido de Dumbia-Foto-Concello Dumbria Buxantes Calidade no Entroido de Dumbia--Foto-Edita Cambeiro

Precisamente a veterana comparsa "Buxantes Calidade" volveu sorprendernos un ano máis coa calidade no seu vestiario e maquillaxe, estilo Avatar, que lles valíu o 2º premio de comparsas, por diante da Asociación de Veciños de Gures que chegaron en barco do caribe co mesmo Fidel Castro.

Tiveron moita sorna tamén os da comparsa "Ameixenda Calé”, con flamento e cabra, incluída. Todo estivo perfectamente vixiado pola comparsa coruñesa "Los Hombres de Paco", que contaban cun can entrenado e ata cun coche policial.

Ameixenda cale-Foto-Concello Dumbria

O premio ó disfraz individual máis orixinal recaeu nun anano con gran sombreiro de copa. Pero a ovación da tarde chegou cando os nenos e nenas de Dumbría que subiron ó escenario vestidos de vacas, fóra de concurso, acompañados de Nucha e Mucha para realizar dúas coreografías que prepararon cos monitores do concello.
Os máis pequenos, de 2 a 5 anos, bailaron a canción da "Vaca Lola" e os maiores, de 6 a 14 anos, fixeron o propio coa versión que interpretaron as de Ardebullo de "Vexo Raios de Sol”.

As vacas e as Mucha e Nucha levaron a ovacion do Entroido de Dumbria-Foto-Concello Dumbria

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios