martes. 06.05.2025
El tiempo

Un venres cheo de maxia en Dumbría

Un venres cheo de maxia en Dumbría
O Mago Antón estará en Dumbría

Segue o Concello de Dumbría espallando Cultura. Desta volta será o Mago Antón o que presentará o seu espectáculo “Onde está o Mago Antón?” nas instalacións do Conco. A cita aberta será o venres ás 21.00 horas, pero como aperitivo do espectáculo, os máis pequenos terán un adianto nos seguintes lugares e horarios:

  • 10:30h Centro de Saúde de Dumbría.
  • 11:45h CEIP Santa Eulalia (Dumbría).
  • 16:00h Casa da Cultura de Berdeogas.
  • 16:45h Casa da Cultura de Olveira.
  • 17:15h Casa da Cultura de Buxantes.
  • 18:30h Casa da Cultura do Ézaro.
  • A partires das 19:30h Instalacións do Conco (Dumbría).

A visita enmárcase dentro do programa Cultura no Camiño, programa da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e xestionado por Agadic.

Fonte

Comentarios