Un verán pasado por auga en Dumbría
Ata mañá, xoves 26 de xuño, está aberto o Prazo de inscrición das Escolas Deportivas e Culturais do Concello de Dumbría. Un programa de actividades nas instalacións municipais do Conco, cunha protagonista, a piscina municipal do Conco, que abrirá as súas portas cos horarios de costume para o baño libre (de luns a sábado, de 15:30 h a 19:30 h).
Ademais, en xullo comezan os cursos de natación (iniciación e perfeccionamento) para adultos (polas tardes).
Polas mañás realizaranse actividades para os nenos e nenas: Cursos de natación, Talleres didácticos, Manualidades, Xogos populares, deportivos e de mesa, Contacontos e
Servizo de Bibliopiscina e acceso a internet.
Tamén, ó longo de dúas semanas, haberá o cursiño de English Summer: actividades lúdico-didácticas en inglés con profesorado nativo, dando así continuidade ó programa Dumbría Speaks, desenvolvido ó longo deste curso no que participaron moitos nenos e nenas do concello.
Para incribirse: Teléf.: 981 744 001, ata o 26 de xuño.
Festa de Fin de Curso
A primeira actividade será unha festa infantil na praia do Ézaro o xoves, 26 de xuño.