Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Un videoxogo de rol traslada o Ézaro ás épocas celta e medieval

The Waylanders recrea a Fervenza do Ezaro
The Waylanders recrea a Fervenza do Ézaro
Un videoxogo de rol traslada o Ézaro ás épocas celta e medieval

Recolle hoxe a Revista Morcego (interesantísima publicación cultural en galego) a escenografía dun vídeoxogo de rol no que traballa a empresa coruñesa Gato Studio. Unha aventura a través do tempo, que fará que protagonista percorra as Galicias celta e medieval.

As recreacións fantásticas de escenas como as Médulas, Santiago de Compostela, a Torre de Hércules, ou a Fervenza do Ézaro, son impresionantes. Ademais, unha das cidades da aventura será Dumbriga (Dumbría), convertida en fogar da univesridade, e tamén pertence a esta historia o lugar de Dunnios (Duio), como necrópole de milleiros de celtas falecidos en séculos pasados, incluído o rei Breogán.

Completen a información na Revista Morcego.

Comentarios