As Xornadas do Mar do BNG afondaron nas problemáticas e propostas para o sector

Patróns maiores de confrarías, traballadores e traballadoras da pesca e marisqueo, e expertos do sector, participaron este sábado nas "Xornadas do Mar: Presente e futuro do mar na Costa da Morte". Unha xornada de reflexión organizada polo BNG Costa da Morte no edificio Bitácora do Ézaro, que serviu para afondar nos problemas dun sector que está a sufrir os embates das políticas das diferentes administracións.

A formación nacionalista sinalou a boa acollida das xornadas, que xuntaron a máis de medio cento de persoas entre o público, e que foron presentadas por Bieito Lobeira, membro da Executiva Nacional do BNG; Rosana Pérez, deputada de Mar do BNG no Parlamento galego; e Xurxo Rodríguez, responsábel comarcal do BNG Costa da Morte. 

Durante a xornada, ademais de afondar en propostas e posíbeis solucións para o sector, que leva anos sufrindo os embates das políticas das diferentes administracións públicas.

Máis novas