Sábado. 08.08.2020
El tiempo

Manel Fuentes trae a Carballo a súa banda de tributo a Bruce Springsteen

Manel Fuentes trae a Carballo a súa banda de tributo a Bruce Springsteen
Bruce Springsteen - o coñecido como o "The Boss" - recibirá este sábado un tributo en Carballo - dentro do programa das festas do San Xoán - da man de Manel Fuentes, o popular presentador de televisión, recoñecido polo seu traballo en programas como  “Tu cara me suena”, de Antena 3. A cita será ás 23 horas na praza do Concello. Serán dúas horas de espectáculo da man dunha das principais estrelas do entretemento televisivo actual. Manel Fuentes conta que quedou prendado de Bruce Springsteen dende que o viu actuar por primeira vez. O seu foi amor a primeira vista, e dese frechazo, que dura case 30 anos. A súa faceta de cantante non é a máis coñecida de Manel Fuentes, pero xa leva máis dunha década en activo coa súa banda, The Spring’s Team, homenaxeando ao cantante norteamericano, do que se declara “fan incondicional”. Quizais porque leva asistido a máis de cen concertos del, Manel Fuentes cada vez se asemella máis a Bruce Springsteen cando sobe ao escenario. Homenaxe a Paco Souto Un total de 29 artistas participan este ano na exposición colectiva de creadores vinculados a Carballo, unha iniciativa da concellaría de Cultura na que colabora o colectivo Crea Formas, que aproveitará o acto inaugural (mañá venres 16, ás 20.30 horas) para render homenaxe ao finado Paco Souto. Este ano as obras agrúpanse baixo o título “Luscofusco”, que inclúe traballos debAdriana Díaz, Ana García, Antón Díaz, Antonio Reino, Antonio Taracido, Chiña, CristinabCastro, Dami Varela, Esther Chamoso, Eva Facal, Isa Fernández, Jacobo Veiga, JavierbRodríguez, Laura Tova, Lola Oviedo, Manuel Eirín, María Marticorena, Milagros Cotelo,bMon Lendoiro, O´Mighelo, Oti Fernández, Pedro Tasende, Peter Kramer, Raúl Herrera,bRisé, Santi Picos, Teresa Candal e como artistas convidados Peter Schneider e Viki Rivadulla. Despois da exposición, celébrase ás 22:30 horas a festa de presentación do festival Rockin’, que este ano medra en grupos, escenarios e datas. A Barra Bar será o escenario dunha noite de música coas actuacións de Dj Crist Andrade e DJ Jelly Billy. Citas deportivas O deporte estará presente por partida dobre ao longo da fin de semana. O sábado (Praza do Concello, 18.30 horas), cunha exhibición de Taekwondo ITF organizada pola ACD Narani, e na que, ademais do alumnado da escola, participarán Adriana Lista, Rubén Remuiñán, Adrián Torres, Jorge Gago e Pastor Carracedo. E o domingo, na 10K Carballo. A carreira popular organizada polo concello contará con preto de 2.000 participantes entre todas as categorías. A Praza do Concello será o punto de saída e de chegada das distintas carreiras a partir das 10 horas. O domingo tamén estarán na Praza do Concello ás caravanas solidarias da Operación Pangono Pangono e, a partir das 21 horas, unha exhibición de bailes de salón deportivo e ritmos latinos organizada pola AXC Arume de Berdillo encolaboración co Club de Baile Azúcar & Swing e do concello.

Novas relacionadas

Fonte

 

comentarios