A Axenda do Verán despídese con grandes festas

Chega unha das fins de semana máis agardadas do verán para moitos veciños e veciñas da comarca. Xa que nesta fin de semana celébranse festas de gran sona como a Barca de Muxía, os Milagros de Caión ou as Barquiñas de Ponteceso
ROMARÍA VIRXE DA BARCA DE MUXÍA
Do 7 ao 11 de setembro, Muxía énchese de festa coa visita de centos de romeiros

AS BARQUIÑAS DE PONTECESO
Dende hoxe e ata o luns, a música non parará de soar en Ponteceso para celebrar a festa da Barquiña

OS MILAGROS DE CAIÓN
Caión convértese nestes días na visita obrigada de centos de persoas da comarca de Bergantiños

NOSA SEÑORA DOS MILAGROS
En Santa Catalina (Santa Comba) tamén celebran os Milagros con dous días de festa

VIRXE DO FARO
En Brantuas, Niñóns, Corme e Corme Aldea están hoxe de festa

FESTAS PATRONAIS E DO CARME DE FISTERRA
Tres días de festa en Fisterra para honrar a Santa María da Areas, a Virxe do Carme a e San Roque
