![A baixada dos barcos de papel e unha das actividades mais especiais da festa do bosque imaxe de arquivo]()
A baixada dos barcos de papel é unha das actividades máis especiais da festa do Bosque. Imaxe de arquivo
O vindeiro domingo, 3 de xullo, Carballo vivirá unha das citas máis emblemáticas das celebracións do San Xoán:
a festa do Bosque. Como sempre, centos de familias e pandilla de amigos reuniranse para comer, cantar, esocitar música e convivir no bosque do Añón. Este ano a celebración retrasouse debido ás eleccións xerais do pasado domingo, 26 de xuño.
Precisamente o equipo organizador da Festa do Bosque vén de reunirse para perfilar os últimos detalles da celebración do domingo. Deste xeito, o acceso de vehículos para carga e descarga só estará permitido de 9 a 12:30 horas. A organización delimitará o sábado o espazo necesario para o desenvolvemento de actividades como a
Baixada de Barcos de Papel, polo que non se respectarán as cintas que puidesen estar colocadas.
![Membros da comision de festas do San Xoan mantiveron unha reunion para ultimar os detalles da festa do Bosque]()
Membros da comisión de festas do San Xoán mantiveron unha reunión para ultimar os detalles da festa do Bosque
De igual xeito, o domingo só se manterán as cintas de reserva de espazo ata as 11 horas, como xa se viña facendo nos últimos años. A Asociación Cultural San Xoán lembra que no Bosque hai espazo para todas e todos, e convidan a carballeses, carballesas e visitantes a acudir á romaría campestre coa que tradicionalmente se pechan as festas patronais.
Un dispositivo integrado por 12 persoas encargarase da organización das áreas de aparcamento e da regulación dos accesos.
Programa, domingo 3 de xullo
13 horas: Sesión vermú con EVA e CAMILO
16:30 horas: Concurso de sobremesas e licores caseiros (Patrocina: Confitaría San Luís)
17:30 horas: Xogos populares
18:30 horas: 112ª Edición do Campionato Mundial de baixada de augas doces de barcos de papel. Inscricións a partir das 17.30 h. (Patrocina: Tien21-Electrodomésticos Lorama)
19 horas: Animación musica a cargo de DJ DAVID
21 horas: Concerto de A BANDA da BALBINA
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Asociación Cultural San Xoán