Domingo. 13.10.2024
El tiempo

A asociación de veciños pide a urxente restauración do retablo da igrexa de Fisterra

A asociación de veciños pide a urxente restauración do retablo da igrexa de Fisterra
retablo cristo fisterra O Retablo no que está o Cristo Fisterra sufriu varias modificacións ao longo do tempo. Imaxe: Proarte Seguen "chovendo" os problemas na igrexa de Santa María das Areas de Fisterra. Coa pintura azul do proxecto de César Portela ainda sen retirar tras todos os trámites feitos súmaselle agora unha nova petición por parte da asociación de veciños Finisterre: a restauración do retablo no que está o Santo Cristo. Segundo indican dende a entidade veciñal, "a situación do retable é lamentable e urxente"; por iso, teñen xa nas súas mans un proxecto de restauración deste retablo de estilo barroco que ascende a 27.769,50€ que xa foi presentado ao correspondente departamento da Xunta de Galicia. Para que esta restauración se leve a cabo é necesaria a petición da restauración a faga o propio Arcebispado cmomo titular da igrexa e do retablo. Deste xeito, dende a asociación de veciños de Fisterra fan un chamamento aos membros da parroquia, á Xunta de Confrarías, a outras asociacións do municipio e ao goberno local para que se sumen á súa petición. retablo cristo fisterra Algunhas partes do retablo da igrexa Santa María da Areas de Fisterra están moi deterioradas No proxecto de restauración indica que este retablo xa sufriu varias modificacións ao longo dos anos e que xunto ao ataque das termitas e á auga que entra na capela poñen en perigo a súa conservación.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios