A Aula CeMIT de Fisterra abre as redes sociais aos hostaleiros


Importante que tamén sexan os hostaleiros da zona os que se formen en novas tecnoloxías. E para iso, a activa Aula CeMIT de Fisterra vai participar nunha charla que terá lugar o próximo 21 de outubro (luns) en horario de tarde (de 17:00 a 19:00 horas), no Centro Demostrador TIC de Santiago de Compostela (CDTIC). A actividade denomínase "Por que funcionan as redes sociais na Hostalaría?”.
Esta xornada ten como obxectivo o de aprender a aplicar no noso establecemento de hostalaría as redes sociais máis habituais no sector, así como entender o seu funcionamento e, por último, descubrir como desenvolvendo as campañas adecuadas poderemos alcanzar os obxectivos empresariais desexados.
Esta xornada non só está orientada a un público específico, neste caso ao sector da hostalaría, senón que están abertas ao público en xeral e a todas as persoas que teñan interese na temática a tratar.
- Máis información e inscricións na aula, no tlf. 673081740 ou mandando un correo a cemit.fisterra@xunta.es.
Novas relacionadas
- Comezan os cursos de informática para pequenos e maiores en Fisterra.
- Un novo proxecto turístico levará a Fisterra polas Nubes.
- Os hostaleiros das Sisargas fórmanse en materia gastro-dixital.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).