Mércores. 09.10.2024
El tiempo

A Deputación paga as obras da ampliación do viario de Sardiñeiro e do local dos Empresarios de Soneira

A Deputación paga as obras da ampliación do viario de Sardiñeiro e do local dos Empresarios de Soneira
Calvo e Traba en Sardineiro

Doble sinatura con acento costeiro botou onte o presidente da Deputación, Diego Calvo. I é que a entidade provincia asinou un convenio co Concello de Fisterra e outro coa Asociación de Empresarios da Comarca de Soneira.

En Fisterra, a Deputación encargarase do financiamento das obras de mellora do pavimento e ampliación da sección do viario de Sardiñeiro. Unha necesidade dado o tránsito de turistas, veciños e transporte escolar.
Esta actuación conta cun investimento da institución provincial de 200.000 euros, correspondente ao 83,33% do orzamento total previsto para a obra que ascende a 240.000 euros.

Calvo tamén rubricou co presidente da Asociación de Empresarios da Comarca de Soneira, Manuel Mourelle Amado, o convenio de colaboración no que se formaliza o financiamento das obras de reforma da planta primeira do local sede da entidade.
A institución provincial, segundo o acordo asinado hoxe, aportará para esta actuación un total de 35.056 euros, o que supón o 78,14% do orzamento total que ascende a 44.862,96. Unha vez realizada a reforma, a asociación de empresarios contará cun espazo adaptado que lles permitirá asumir un maior abanico de actividades e cursos de formación para os seus usuarios.

Calvo co Presidente da Asociacion Comarca de Soneira diante do local

Fonte

  • Deputación.

Comentarios