![camino-santiago-fisterra-muxia]()
Entre os usarios rexistráronse máis de 30 nacionalidades diferentes
A
oficina de información da prolongación do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía - xestionada por Vive Fisterra Tours e a asociación Muxía Turismo Rural - vén de facer reconto dos últimos tres meses. Así, dende o 12 de abril e ata o 12 de xullo un total de
6.498 persoas pasaron pola axencia ubicada en plena Porta do Camiño (C/ Casas Reais, 31), a entrada principal de peregrinos o casco vello compostelán.
Os usarios pertencían ata
30 nacionalidades diferentes, destacando os procedentes de Alemaña, Italia, Francia, España E Estados Unidos. Ainda que tamén se notou un aumento considerable doutras nacionalidades coma Canadá, Australia, Inglaterra e Corea do Sur. Outras nacionalidades qu están en crecemento son a República Checa, Rumanía, Eslovenia, Rusia, Polonia e Sudáfrica.
Segundo os datos facilitados, neste terceiro trimestre tamén aumentou o número de usuarios nacionais nun 30% destacando os procedentes das provincias de Valencia, País Vasco, Andalucía, Castela e León, Madrid e Zaragoza.
Preguntas e queixas
Entre as preguntas máis frecuentes están as relaciondas coa prolongación do Camiño a Fisterra e Muxía e coa cidade de Santiago; tales como onde se atopa a catedral, onde se recibe o certificado oficial, información sobre aloxamentos, horarios de autobuses e sobre as oficinas de turismo de Muxía e Fisterra.
En canto ás queixas, a maior parte dos usuarios que acoden á esta oficina de información, teñen queixas sobre a escasa sinalización que hai durante o Camiño de Fisterra e Muxía así como a escaseza de albergues. Tamén inciden na
mala conexión entre estes municipios coa cidade de Santiago; unha demanda que xa non é nova.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Brigantia